Thursday 02 de May de 2024

A oposición bloquea os orzamentos do Concello para impedir que o goberno local poida seguir os plans de inversións e actuacións previstos en todo o municipio


Con esa finalidade o Partido Popular presentou unha alegación na propia sesión plenaria sin presentar estudio económico algún como está regulado polas normativas legais
O Concello de Muxía viu este mediodía “paralizados e bloqueados”, en palabras do alcalde, Iago Toba, os orzamentos para o exercicio 2020 logo das alegacións presentadas por parte da oposición que sairon adiante co apoio de catro edís do PSOE.
O Partido Popular presentou unha alegación na propia sesión, sen ter base obxectiva en canto a previsión de gasto, é decir, sen base económica co único obxectivo de bloquear os investimentos do Concello e, por extensión, as actuacións que hai previstas en todos os núcleos co municipio. Foi unha das habilitadas nacionais, a Interventora, a que advertiu de ‘posible ilegalidade’ ante esta manobra.
Os informes de intervención son claros con respecto ao documento dos orzamentos, tanto en forma como en fondo, a pesar da reclamación feita hoxe polo PP. Segundo aportou Intervención na propia sesión, en base ao artigo 165 do texto refundido da Lei de Facendas Locais, e tamén en base ao artigo 16 do Real Decreto 500 do ano 1990, dentro do apartado I o artigo 16 di que ‘cada un dos orzamentos integrados no orzamento xeral deberá ser aprobado sen déficit inicial’. O punto 2, por outra banda, di que ‘así mesmo, ningún dos orzamentos poderá presentar déficit ao longo do exercicio’’.
En consecuencia, todo incremento no crédito orzamentario ou decrecemento nas previsións de ingresos deberá ser compensado no mesmo acto no que se acorda, é dicir, no Pleno celebrado esta mañá. ‘En base ás alegacións presentadas por Sandra Vilela Rivero, voceira do Partido Popular de Muxía, fai mención a dous casos concretos: o imposto sobre construción, que considera que está aumentado en 37.000 euros nas súas previsións, e a taxa urbanística en 11.400 euros, o que suma un total de 48.400 euros.’ Polo tanto, e en base ao artigo 16.2, neste mesmo acto ten que ser compensado no orzamento de gastos o decremento que pon a alegación’, algo para o que a voceira do grupo popular non obtivo resposta, e solicitou un receso para falar con intervención.
Receso concedido
Iago Toba, alcalde de Muxía, concedeulle un receso de 5 minutos aos representantes políticos que votaron a favor da alegación, é dicir, os tres do grupo popular e catro dos do equipo de goberno, e tan só acudiron a esta xuntanza os populares.
O rexedor muxián aproveitou para ‘pedirlle desculpas en nome do Concello de Muxía a todas e todos os veciños e veciñas deste pobo’. O propio Toba calificou de ‘vergoñento’ este acto de ‘tentar botar abaixo uns orzamentos aprobados hai máis dun mes con maioría neste mesmo pleno. Pero non só iso, sen base teórica, obxectiva e incluso legal’, afirmou o rexedor. ‘Quero que toda Muxía se entere do grave da situación: paralizáronse todos uns orzamentos, a folla de ruta das accións dunha administración pública, por puro berrinche político. Eles e elas saberán por qué, pero evidentemente este é un ataque ao concello, aos veciños e veciñas que ven así como esta decisión bloquea os proxectos e actuacións necesarias no concello e, en moitos casos, pactadas e consensuadas coa propia veciñanza’, afirmou.
Retomada a sesión, a portavoz do PP afirmou ‘entender do que se estaba falando.
Intervención di que estamos minorando a previsión de gastos en 50.000 euros practicamente, e entón debemos dicir con que compensar esta baixada de ingresos’. A portavoz dos populares comentou as partidas nas que teoricamente se minorarán, ante o que intervención respondeu que ‘á vista de que as partidas se modificaron en cinco minutos tras un receso, non se pode constatar se a totalidade se poden minorar. Pódese dicir aproximadamente, pero non de maneira clara e concisa’. Polo tanto, someterase a estudio esta modificación, quedando pendente emitir o informe pertinente. ‘Paréceme moi atrevido que un equilibrio das alegacións se teña presentado en cinco minutos. É gravísimo para o Concello de Muxía’, afirmou Carlos Fernández, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego.
Proposta da retirada da adicación exclusiva a Mónica Vilela

Tras retirar as funcións delegadas a Mónica Vilela por parte da alcaldía, hoxe levouse a Pleno, como era preceptivo, ao non exercer as funcións que tiña asignadas, a ‘proposta de retirada a súa adicación exclusiva”. Sen embargo esta proposta foi rexeitada polos votos en contra de catro edís do Partido Socialista e do Partido Popular. Polo tanto, a edila cobrará pola súa adicación aínda que non ‘exercerá funcións como concelleira, desde a súa casa’, afirmaron desde o Concello.